top of page
ASOCIACIÓN CULTURAL MEIGAS E TRASGOS C.I.T.
Rexistro: 1972-77-1

      Son fins desta asociación a realización de actividades de fomento da cultura en tódalas súas manifestacións, tales como a organización de concertos de música, certames literarios e artísticos en xeral, o ensino de música e danza, exposicións , protección do patrimonio histórico-artístico e do medio ambente natural, a exaltación da gastronomía propia da comarca de Sarria e de Galicia, a organización de eventos e festas de carácter lúdico-cultural, e a promoción da actividade deportiva en xeral; a investigación, fomento e difusión do folklore de Galicia en calquera das súas manifestacións así como da cultura galega en xeral; elaborar e difundir información turística da comarca de Sarria facilitando información turística a cantos a soliciten, e asesorar ós organismos turísticos das diferentes administración en cantos asuntos lle sexan sometidos a consideración e a recuperación, conservación e promoción do camiño de Santiago; así como a difusión da cultura derivada del.

 

Directiva:

 

      A nova directiva de Meigas e Trasgos resultante da xunta anual de socios do día 5 de febreiro de 2017. Ese día saiu reelixido por unanimidade o anterior presidente quedando este facultado para o nomeamento do resto da directiva. Unha vez que aceptaron todo-los membros os seus cargos, a directiva quedou composta polos seguintes membros da asociación:

  • Presidente: Julio Francisco González López.

  • Vicepresidenta: Ana Belén Fernández Gayoso.

  • Secretaria: Isabel Sánchez García.

  • Vicesecretaria: Carmen López Barreal.

  • Tesoreiro: Domingo Antonio López Fernández.

  • Vicetesoreira: Diana Sánchez García.

  • Vogal1: María Violeta Díaz López.

  • Vogal2: Begoña García López

  • Vogal3: Miguel Angel Pan Trastoy.

  • Vogal4: María José Calvo Costa.

 

Os socios:

 

      Na actualidade o número de socios é de 170 persoas. Os socios son todos maiores de idade e os menores ó seu cargo considéranse cos mesmos dereitos que os socios titulares. Tamén consideramos que só é necesario que se faga socio un dos membros adultos dunha mesma familia.

 

A cota anual de socio é de 30 €

 

Serán dereitos dos socios:

  • a) Deliberar e votar en condicións de igualdade na Asamblea Xeral

  • b) Utilizar os servicios da Asociación nas mesmas condicións de igualdade.

  • c) Formar parte da Xunta Directiva nos cargos elexidos.

  • d) Acceder á información concernente á Asóciación.

  • e) Ser oído en cuestións disciplinarias que lle afecten.

  • f) Separarse voluntariamente da Asociación

 

Son deberes dos socios:

  • a) Aboa-la cota regulamentaria que se establecese.

  • b) Asistir ás sesións da Asamblea Xeral con voz e voto.

  • c) Acatar e cumplir os acordos e decisións da Asamblea Xeral e da Xunta Directiva.

  • d) Absterse de realizar calquer acción tendente a perxudicar gravemente os intereses da Asociación.

  • ​

 

bottom of page